jueves, 14 de diciembre de 2017

O CAMIÑO DE INVERNO

Estívenme informando sobre o Camiño de Inverno é o Camiño de Santiago que une Ponferrada coa capital de Galicia. Parece que puido xurdir como alternativa á subida ao Cebeiro na época invernal.

Quero saber máis sobre este apasionante tema, por eso quero que me axudedes entre todos e pensei que este ía ser o Proxecto anual deste curso. Que vos parece? Facemos o Camiño?


martes, 12 de diciembre de 2017

Chega o Nadal!

Que ben o paso nestas datas! Non me chega o día de ver as actuacións que estades preparando! Eu xa estou engalanando a biblioteca cos traballos tan fermosos que fixestes. Despois de andar con eles de aquí para acolá, non acabo de ver onde quedarán mellor para que todos os vexan.






Benvidos de novo!

Xa estou aquí!. Non pensedes que me esquecín de vós, só é que andiven moi ocupada buscando novidades para traervos, preparando o Camiño de Santiago,... facendo e desfacendo...

Por certo, e... se me acompañades? O Camiño de Santiago tenme fascinada. Que vos parece se vos unides a min nesta interesante aventura?

Namentres o ides pensando, déixovos aquí un vídeo da visita de Anxo Moure á nosa biblioteca. Veu acompañado dos alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Laxeiro. Que ben o pasamos!

miércoles, 26 de abril de 2017

VISITA  DE DORES TEMBRÁS:


O pasado 25 de Abril tivemos a honra de recibir na  biblioteca á escritora Dores Tembrás nunha xornada de animación a lectura  dirixida ao alunado de 2º de primaria .

jueves, 20 de abril de 2017


Actividades previstas para o Día do Libro:

1. Apadriñamento  lector.

2. Exposición: Que sería do mundo sen libros.

3. Museo do libro.


Fotografías das actividades

martes, 18 de abril de 2017

Actividades previstas para o 3º trimestre: 

  • Celebración do Día do Libro.

  • Celebración do Día das letras Galegas adicado a Carlos Casares.

  • Semana Cultural  na que se exporán os traballos por proxectos da biblioteca xunto con outras actividades culturais.